@yarakono
Yara Kono naceu en São Paulo e vive en Lisboa, tras unha traxectoria académica cun pé na ciencia e outro no deseño.
Formouse en Farmacia pola UNESP e en Deseño e Comunicación pola EPA (BR). En 2000 recibiu unha bolsa do Yamanashi Design Center (JP) e viviu alí durante un ano. Forma parte do equipo de Planeta Tangerina desde 2004.
Gañou o Prémio Nacional de Ilustração e o Prémio Bissaya Barreto (PT), recibiu mencións no Premio Internacional Compostela (ES) e no Nami Concours (KR), e foi seleccionada para a Exposición de Ilustradores de Boloña.
Ten máis de 20 títulos publicados, entre eles: Batata chaca-chaca, Imagem, ABZZZ…, Gato procura-se e A Ilha.
Gústalle debuxar elefantes e cociñar para os seus amigos.
Todos os ilustradores