Teresa Lima

Ilustración de Teresa Lima para José Gourmet

Teresa Lima naceu en 1962 en Lisboa. Licenciada en Pintura pola Escola Superior de Belas Artes de Lisboa. A partir de 1994 comezou a dedicarse á ilustración de libros infantís e xuvenís. É profesora de Artes Visuais na Escola Vergílio Ferreira de Lisboa. Vive e traballa en Lisboa.

Entre outras distincións, recibiu o Prémio Nacional de Ilustração en 1998, co libro Alice no País das Maravilhas, de Lewis Carroll, e en 2006, coa obra Histórias de Animais, de Rudyard Kipling. O libro Se os Bichos se Vestissem como Gente, de Luísa Ducla Soares, foi distinguido en 2004 cunha Mención de Honra do mesmo premio. O libro Ovos Cozidos, de Marisa Nuñez, foi seleccionado para o catálogo White Ravens da International Youth Library de Múnic en 2008. Foi nomeada para o Premio Hans Christian Andersen 2014, na categoría de ilustración, pola sección portuguesa do IBBY, polo conxunto da súa obra.

Ilustrou, entre outros, os libros A Cor das Vogais, de Vergílio Alberto Vieira (Civilização, 1995); Segredos, de António Mota (Desabrochar, 1996); Alice no País das Maravilhas, de Lewis Carroll (Civilização, 1998); O Gigante e as três irmãs, de Alice Vieira (Caminho, 1998); A Cavalo no Tempo, de Luísa Ducla Soares (Civilização, 2003); Se os Bichos se Vestissem como Gente, de Luísa Ducla Soares (Civilização, 2004); António e o Principezinho, de José Jorge Letria (Ambar, 2004); O Soldadinho de Chumbo, de Hans Christian Andersen (Dom Quixote, 2005); Histórias de Animais, de Rudyard Kipling (Ambar, 2006); Ovos Cozidos, versión de Marisa Nuñez (OQO, 2007); Os Sete Cabritinhos, de Tareixa Alonso (OQO, 2008); Félix, el Coleccionista de Miedos, de Fina Casalderrey (OQO, 2009); Angéle et le Cerisier, de Raphael Frier (L’Atelier du Poisson Soluble, 2011); A Árvore, de Sophia de Mello Breyner Andresen (Porto Editora, 2013); O Casamento da Gata, de Luísa Ducla Soares (Porto Editora, 2016); A Mãe e Outras Modos de Viajar, de Raul Malaquias Marques (apcc-Associação para a Promoção Cultural da Criança, 2019); El Hombre que Contaba Estrellas, de Arturo Abad (OQO, 2019); As Palavras Também Brincam, de Luísa Ducla Soares/Daniel Completo (Canto das Cores Edições, 2020).

Todos os ilustradores

Latas ilustradas por Teresa Lima