Maria Teresa Rangel, ou simplemente Teresa, é natural de Viana do Castelo, pero reside e traballa no Porto. Estudou Artes Plásticas e licenciouse na rama de Pintura na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto. Con todo, a Ilustración falou máis alto, así que cruzou a liña cara a ese campo, aínda que non sabe onde comeza nin onde remata. E desde entón, tentar definila foi unha cocción ao baño maría.
Todos os ilustradores