Madalena Matoso

Naceu en Lisboa en 1974. É ilustradora. Ten unha licenciatura en Deseño de Comunicación pola Faculdade de Belas Artes de Lisboa e un posgrao en deseño gráfico editorial pola Universidade de Barcelona.
En 1999 creou Planeta Tangerina con tres amigos.
Recibiu o Prémio Nacional de Ilustração en 2008 e 2018 e mencións especiais en 2006, 2007, 2009 e 2014; o Prémio Ilustração de Livro Infantil do Festival de BD Amadora en 2008 e 2011, e o Prémio Autor SPA/Livro infanto-juvenil en 2015.
Os orixinais do libro Não é Nada Difícil – O Livro dos Labirintos foron seleccionados para a exposición de ilustración da Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña 2018. Este libro recibiu tamén unha Mención de Honra na categoría «Children’s Picture Books» na Feira de Dereitos de Nova York.
O libro Montanhas recibiu unha mención especial do xurado na Feira de Boloña na categoría Arte, Arquitectura e Deseño (Bologna Ragazzi Awards 2018). O libro Para que serve? recibiu unha mención especial na Feira de Boloña na categoría Non Ficción (Bologna Ragazzi Awards 2022).
Dá clases de Ilustración na Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico de Lisboa desde 2010.