João Machado

Ilustración de João Machado para José Gourmet

João Machado vive e traballa no Porto. É licenciado en Escultura pola Escola Superior de Belas-Artes do Porto, onde foi docente de deseño gráfico entre 1976 e 1983, ano en que abandonou o ensino para se dedicar por enteiro ao deseño.

En dedicación exclusiva ás artes gráficas, desenvolveu unha extensa obra como cartelista, ilustrador e deseñador editorial, distinguíndose pola orixinalidade da súa linguaxe gráfica, que combina influencias variadas, desde a pop art ata a arte xaponesa, a través dun singular dominio cromático e compositivo.

Achegando o deseño ás artes plásticas, João Machado privilexiou o cartel, pero tamén lles prestou atención aos selos de correos e ao deseño corporativo.

João Machado expuxo a súa obra nalgunhas das galerías e museos máis importantes do mundo e recibiu os máis diversos premios e distincións nacionais e internacionais como ilustrador e deseñador, entre os que destacan o «Prémio de Excelência Icograda 1999» e o «Aziago International Award 2005», que situou a Portugal entre os primeiros países do mundo pola calidade gráfica e turística dos seus selos.

É membro da Alliance Graphique Internationale e foi distinguido ademais co título de Graphis Master. A súa obra aparece citada e reproducida en diversas publicacións internacionais.

Todos os ilustradores

Latas ilustradas por João Machado