Gémeo Luís

Luís Mendonça naceu en Maputo en 1965. É deseñador, profesor e investigador na Faculdade de Belas-Artes da Universidade do Porto. É membro do ID+ Instituto de Investigação em Design Media e Cultura e da ELOS-Associação Galego-Portuguesa de Investigação em Literatura Infantil e Juvenil da Universidade de Santiago de Compostela. Cunha actividade polifacética e premiada, desenvolve traballo multidisciplinar nos dominios do Deseño de Comunicación, o Deseño de Produto, o Deseño Social, o Emprendemento, a Ilustración, a Escenografía, a Arquitectura, a Museografía ou a Escultura. Da curadoría á edición, da escultura pública ao produto industrial, dos obradoiros tradicionais á tecnoloxía contemporánea, desenvolve proxectos marcados pola transversalidade.
Gémeo Luís é o pseudónimo de Luís Mendonça. Ilustrador destacado e premiado a nivel nacional e internacional, ilustrou tanto autores consagrados coma novos autores. Ten obra publicada en diversas editoras, xornais e revistas de referencia. Desenvolve ilustración na diversidade de medios, materiais, escalas e contextos. Colabora regularmente con institucións culturais, bibliotecas, escolas e museos na realización de charlas e obradoiros. Está representado en coleccións públicas e privadas, dentro e fóra do país.