Emílio Remelhe

Ilustración de Emílio Remelhe para José Gourmet

@emilioremelhe

Emílio Remelhe naceu en Barcelos en 1965. É profesor na ESAD, Escola Superior de Arte e Design de Matosinhos, e na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto. Imparte Ilustración, Debuxo e Escritura Creativa. Doutoramento en Educación Artística, cunha tese no dominio da educación en museos, e Mestrado en Práctica e Teoría do Debuxo. Investigador do ESAD-IDEA e do I2ADS, FBAUP. Membro fundador da ELOS, Associação Galego-Portuguesa de Investigação em Literatura Infantil e Juvenil. Formado en Pintura, a súa actividade abrangue as artes plásticas, a escenografía, o debuxo, a ilustración e a literatura, baixo diversos pseudónimos, entre eles Eugénio Roda. Realiza obradoiros e accións de formación para estudantes e profesores nos dominios da creatividade, o debuxo e a ilustración.

Expón desde os anos oitenta. Publica ilustración desde os anos noventa. Ademais de en coleccións particulares, está representado nas coleccións públicas do Clube de Colecionadores dos CTT, World Trade Center, Macau, Instituto Português do Oriente, ANACOM-Autoridade para as Telecomunicações, Centro de Arte de S. João da Madeira, Museu da Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto, Museu Amadeo de Souza-Cardoso e Galeria Serpente. Ilustración publicada en editoras como Livros do Oriente, Gémeo R, Campo das Letras, Ver Pra Ler, Deriva, Civilização, Caminho e Eterogémeas, e en publicacións periódicas como Revista Macau, Diário de Notícias, Chão de Brinco, Macau Daily News ou Revista Plages.

Todos os ilustradores

Latas ilustradas por Emílio Remelhe