Aos 5 anos regaláronlle o disco de Jardim Jaleco e nunca máis volveu ser o mesmo.
Debeu de ser por aquela altura cando comezou a subir ao andel do pai para ler todos os libros de banda deseñada que atopaba.
Aos 10 anos atropelou unha velliña cando ía lanzado na súa bicicleta amarela, e esa lembranza, xunto cos remorsos e a culpa, nunca máis o deixou.
Aos 16 anos coñeceu a Isabel e a Madalena, que lle deron a coñecer as vicisitudes dunha vida intelectual.
Aos 17 anos, os tests psicotécnicos indicaron «92% aire libre».
Aos 19 anos entrou no Curso de Deseño de Comunicación da Faculdade de Belas Artes de Lisboa. Nun momento dado decidiu marchar (os tests psicotécnicos tiñan razón).
Por aquela altura fixo o Curso de Debuxo na Sociedade de Belas Artes.
Aos 22 anos repartía empanadas polos cafés nunha furgoneta. Quen o coñeza non terá dificultade en adiviñar a causa do despedimento («esmagamento e furto de empanadas», constaba no expediente). Así comezou a súa carreira de debuxante.
En 1999 fundou Planeta Tangerina.
Desde entón gañou varios premios:
BolognaRagazzi Awards (Non-fiction, 2019 / Opera Prima, 2015); Gustav Heinemann Peace Prize (Alemaña, 2017); Mención de Honra no «Best Book Design From All Over the World» da Leipzig Foundation; «Mellor álbum ilustrado» no Deutscher Jungendliteraturpreis (2017); «Mellor Libro Editado» no CJ Picture Book Festival de Corea; Prémio Nacional de Ilustração 2009 e 2020; «Mellor Libro» Banco del Libro (Venezuela); nomeación para a Lista de Honra do IBBY.
Os seus libros están publicados en máis de 25 países.
Todos os ilustradores