André Letria

Ilustración de André Letria para José Gourmet

@andreletria

André Letria naceu en Lisboa en 1973. O seu traballo enche páxinas de libros e xornais desde 1992. En 2010 fundou a editora Pato Lógico, onde creou libros como Mar (Mención de Non Ficción nos Bologna Ragazzi Awards), Se Eu Fosse um Livro (traducido a máis de 20 idiomas) ou A Guerra (gañador de máis de 20 premios: PNI, Nami Concours Grand Prix, Talking Books, White Ravens, Little Hakka, BIB Plaque, Boston Globe/ Horn Book Honor Award, Hiiibrand, entre outros). É convidado con regularidade a formar parte de xurados de premios internacionais de ilustración (Ilustrarte, Iberoamerica Ilustra, 3×3, AOI World Illustration Award, BolognaRagazzi CrossMedia Award) e viaxa polo mundo para falar do seu traballo como ilustrador e editor.

Todos os ilustradores

Latas ilustradas por André Letria